Medio Ambiente
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PON A PUNTO OS AREAIS DO MUNICIPIO ANTE A CHEGADA DO VERÁN

Asfaltáronse os accesos á praia de Rueta, instalouse unha pasarela de acceso ao Torno para persoas con mobilidade reducida, estanse a poñer paneis informativos e acondicionouse a caseta do servizo de socorrismo, entre outros traballos

 

Caramés e Méndez animaron a toda a veciñanza e tamén ás persoas visitantes a que gocen destes espazos ao aire libre cos que temos o privilexio de contar en Cervo “sempre con responsabilidade, cumprindo a normativa sanitaria actual, e respectando o medio e a contorna”.

O Concello de Cervo traballa estes días no acondicionamento dos distintos areais municipais de cara á inminente chegada da tempada estival.

A tenente de alcalde, Dolores García Caramés, e a edil de Medio Ambiente, supervisaron os traballos que se están a realizar durante estas semanas –algúns deles xa rematados- como o acondicionamento e o asfaltado dos accesos á Praia de Rueta, tal e como constataron este mesmo mediodía, na súa visita á zona.

Ademais, tal e como explicaron, tamén se instalou unha pasarela de madeira na Praia do Torno, para facilitar o acceso daquelas persoas con mobilidade reducida ao tempo que se adecuou a caseta que custodia todo o material de salvamento para uso dos socorristas que velarán pola seguridade dos bañistas neste areal, que volveu recibir a bandeira azul, que será recollerá polo edil de Turismo, David Rodríguez, a vindeira semana no acto oficial de entrega destes galardóns que premian a calidade e os servizos que ofrecen os areais.

Nestes días tamén se está a reforzar o número de papeleiras nos accesos ás praias e se están a instalar diferentes paneis que recollen información sobre a calidade das augas dos areais –todas aptas para o baño- así como diferentes recomendacións a ter en conta no momento do baño, e ante a situación sanitaria que vivimos.

Caramés e Méndez animaron a toda a veciñanza e tamén ás persoas visitantes a que gocen destes espazos ao aire libre cos que temos o privilexio de contar en Cervo “sempre con responsabilidade, cumprindo a normativa sanitaria actual, e respectando o medio e a contorna”.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa