Medio Ambiente
« Atrás

O SERVIZO DE SOCORRISMO XA ESTÁ OPERATIVO DESDE ESTE 1 DE XULLO

 

 

En total serán 6 os socorristas que velarán pola seguridade dos bañistas na Praia do Torno, que un ano máis acadou o distintivo da Bandeira Azul, que será izada mañá venres ao mediodía.

Este xoves comezaron a prestar os seus servizos catro profesionais, e para a semana que vén está previsto que se incorporen dous máis; para completar o cupo de socorristas, que nos foi concedido pola Administración autonómica.

O rexedor, Alfonso Villares, a Tenente Alcalde, Dolores García Caramés, e o edil de Turismo, David Rodríguez, achegáronse ata o areal, onde mantiveron un encontro con eles.

Xa está tamén todo o material de salvamento disposto na caseta de socorrismo; e tamén se abriron neste día os baños públicos das Praias do Torno, de Cubelas, e da Caosa.

Nos días previos, estivéronse realizando diferentes tarefas de limpeza e acondicionamento dos areais, como o asfaltado dos accesos á Praia de Rueta, ou a instalación dunha pasarela de madeira na Praia do Torno, para facilitar o acceso daquelas persoas con mobilidade reducida.

Así mesmo tamén se reforzou o número de papeleiras nos accesos ás praias e instaláronse diferentes paneis que recollen información sobre a calidade das augas dos areais –todas aptas para o baño- así como diferentes recomendacións a ter en conta no momento do baño, e ante a situación sanitaria que vivimos.

Desde o Concello animan a toda a veciñanza e tamén ás persoas visitantes a que gocen destes espazos ao aire libre cos que temos o privilexio de contar en Cervo “sempre con responsabilidade, cumprindo a normativa sanitaria actual, e respectando o medio e a contorna”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa