Medio Ambiente
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO REFORZA A XESTIÓN DOS RESIDUOS VOLUMINOSOS COA INCORPORACIÓN DUN NOVO MINI PUNTO LIMPO MÓBIL INTINERANTE POLAS DIFERENTES PARROQUIAS

 

O Concello de Cervo vén de poñer en marcha o servizo de punto limpo móbil, que percorrerá todas as parroquias e distintos lugares do concello para facilitar a reciclaxe de pequenos residuos domésticos a toda a veciñanza.

O percorrido deste vehículo comeza na parroquia de Rúa, instalándose na Antiga Escola, e alí permanecerá  durante 15 días; para logo ir rotando por diferentes puntos do municipio:

  • San Román (antiga escola)
  • A Senra (centro cívico)
  • Sargadelos (aparcamento CHA)
  • Castelo (lavadoiro)
  • Trasbar (capela)
  • Viladesuso e Espiñerido (casa Basanta)
  • Gondras- A Venta
  • Cuiña- Rueta
  • Daián- Figueirido

 

Tal e como explicaron o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, que se desprazaron ata a zona para ver en primeira persoa o funcionamento do novo equipamento ecolóxico, "o que pretendemos con este punto é facilitar á veciñanza a correcta reciclaxe de residuos domésticos (teléfonos móbiles, lámpadas, cápsulas de café, pinturas e disolventes, sprays e aerosois, pilas, CD-DVD, cartuchos de tinta e de tóner de impresora...) achegándolle este equipamento aos seus fogares, ao tempo en que seguimos incidindo na importancia de sensibilizarnos e de levar á práctica hábitos respectuosos co medio no noso día a día".

Este novo equipamento vén completar o servizo do Punto Limpo Municipal situado no Polígono de Cuíña, cuxo horario de apertura ao público no verán é martes e xoves de 8:30 a 14:30  horas, e mércores de 15:00 a 20:00 horas.

Villares e Méndez recordaron que desde o Concello temos en marcha unha política de sensibilización ambiental que inclúe campañas como o "Coida Cervo", un voluntariado de recollida de lixo a fin de poñer en valor as boas prácticas individuais no noso día a día  no coidado e na protección da contorna; e agora este novo mini punto limpo pretende ser un novo piar desta política medioambiental, tanto no aspecto didáctico e de sensibilización, como no seu papel á hora de evitar a proliferación de puntos de vertido incontrolados nas contornas e espazos naturais.

 

 

 

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa