PUNTOS DE RECOLLIDA DE LÁMPADAS E FLUORESCENTES PUNTOS DE RECOLLIDA DE LÁMPADAS E FLUORESCENTES

O Real Decreto 208/2005, que regula todo o relativo á xestión dos aparatos eléctricos e electrónicos unha vez rematada a súa vida útil, recolle dentro da categoría 5 todas as lámpadas que debemos reciclar:

  • lámpadas de baixo consumo
  • tubos fluorescentes
  • lámpadas de descarga
  • LEDS retrofit

Estas lámpadas poseen no seu interior pequenas cantidades de mercurio polo que é moi importante xestionalas correctamente para evitar a súa emisión ao medio ambiente. Aínda que en pequenas cantidades non son nocivas, si poden chegar a ser un problema.

Existen tres tipos de puntos de recollida de lámparas usadas:

  • DISTRIBUIDORES ELÉCTRICOS: para profesionais da iluminación.
  • COMERCIOS E OTROS PUNTOS DE VENDA: para usuarios domésticos.
  • PUNTOS LIMPOS: En Cervo está situado no polígono de Cuíña.

AMBILAMP é unha asociación sen ánimo de lucro que nace como solución a ese problema, reunindo ás principais empresas de iluminación co obxetivo de desenvolver un sistema de recollida e tratamento de residuos de lámparas RAEE.

Todas as ferraxerías, tendas de iluminación e supermercados que venden produtos fluorescentes e lámparas de aforro poden dispoñer dun pequeno contedor para ofrecer aos seus clientes un servizo adicional de recollida deste residuo. Trátase dun servizo sen coste engadido nin para o establecemento nin para o cliente.

No Concello de Cervo pódense atopar estes contedores nos seguintes establecementos:

  • Ferretería Azores
  • Ferretería Cándido
  • Electricidad Fidel
  • Supermercado Familia

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa