
É amplamente coñecido o problema que xeran os residuos urbanos, tanto na súa recollida como no seu tratamento posterior, coa finalidade de obter productos reutilizables ou reciclados, e reducir así o impacto ambiental.
Un residuo urbano particularmente contaminante é o derivado do consumo de aceites domésticos –soia, xirasol ou oliva- que unha vez utilizados, xeralmente, son verquidos á rede de sumidoiros.
O efecto deste acción produce:
- Unha importante agresión ao medio ambiente se non se produce unha depuración total das augas residuais, dificultando a súa reutilización
- Altos costes de mantemento para os sistemas de depuración e, sobre todo, as instalacións das estacións que os procesan.
CONSECUENCIAS AMBIENTAIS DA RECOLLIDA SELECTIVA DO ACEITE USADO
Consideracións económicas:
1. Eliminación dun residuo altamente contaminante da rede de sumidoiros
2. Facilidade de reutilización da auga depurada
3. Non obstrución das tubaxes
4. Diminución da probabilidade de proliferación de organismos prexudiciais para a saúde
5. Redución de substancias nocivas na combustión respecto á combustión de produtos derivados do petróleo
6. Abaratamento da depuración de augas residuais
7. Desenvolvemento de tecnoloxías en España para a fabricación de biocombustibles
8. Creación de postos de traballo na área de xestión de aceite e fabricación de biocombustibles (Biodiésel)
OS CONTEDORES DE RECOLLIDA
O Concello de Cervo dispón de varios contedores para a recollida deste residuo nos núcleos do termo municipal.
Contedor na Rúa Xosé María Cao (Cervo)
7º 24' 41.17''W 43º 40' 17.01''N
Contedor na rúa Aduana (San Ciprián)
7º 26' 32.16''W 43º 41' 39.65''N
Acceso ao porto de San Ciprián
7º 26' 18.49''W 43º 41' 54.79''N
Contedor na rúa Corenta e Un (Río Covo)
7º 26' 32.16''W 43º 41' 39.65''N
Rúa do Xunco
7º 26' 49.26''W 43º 41' 35.16''N
Rúa Concepción Arenal
7º 26' 28.56''W 43º 41' 35.89''N