Recollida de pilas Recollida de pilas

A recollida selectiva das pilas usadas é competencia das entidades locais.

Non obstante, en Galicia a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas colabora directamente cos concellos financiando o transporte das pilas recollidas ata a planta de tratamento, así como a súa xestión.

Mediante concurso público a Consellería de Medio Ambiente contrata o servizo de recollida e transporte de pilas usadas en todos os concellos de Galicia. A empresa concesionaria debe realizar dúas recollidas de pilas ao ano en cada concello, ademais das que se entendan necesarias para a súa correcta xestión.

Ao longo do ano, as pilas usadas recuperadas nos colectores específicos (colexios, comercios, etc.) deberán ser retiradas e agrupadas polo Concello nun lugar axeitado.

O Concello de Cervo dispón de colectores para a recollida de pilas nos seguintes establacementos:

  • Concello de Cervo
  • Casa da Cultura (San Ciprián)
  • Piscina Olímpica Municipal
  • Ferretería Azores
  • Ferretería Cándido
  • CEIP Cervo nº 1
  • CEIP CERVO
  • IES Marqués de Sargadelos
  • Estanco Calila
  • Talleres Martínez
  • Ángel Fotografía
  • Centro de Saúde de San Ciprián
  • Centro de Saúde de Cervo
  • Subministros San Ciprián
  • Alsil
  • Fidel Electricidad
  • Estación de Servicio Otero Vázquez
  •  
  • A reciclaxe de pilas é imprescindible para a protección do medio ambiente xa que son altamente contaminantes, especialmente as de botón, polo que nunca poden ir aos contedores tradicionais. Tamén se poden levar ao Punto Limpo.

 

Tipos de pilas máis coñecidas e usadas

  • Pilas de botón: pilas que se utilizan nos reloxos, calculadoras, etc. A pesar do seu reducido tamaño son as máis contaminantes.
  • Pilas de petaca ou cilíndricas: conteñen menos metaies pesados, pero prodúcense moitas máis.
  • As baterías de móvil: finalmente débense ter en conta as baterías do móvil.

 

Por que debemos reciclar as pilas?

  • As pilas conteñen varios elementos contaminantes considerados perigosos entre os que figuran o zinc, cadmio, plomo e mercurio.
  • Cando, incorrectamente, se botan as pilas usadas co resto dos desfeitos, éstas rematan  no vertedoiro ou na incineradora. Entón, o mercurio e outros metais pesados tóxicos poden chegar ao medio e prexudicar aos seres vivos.
  • Seguindo a cadea alimentaria, o mercurio pode afectar ao home.
  • Unha soa pila de mercurio pode contaminar 600.000 litros de auga e unha alcalina 167.000 litros

 

Como se leva a cabo o reciclaxe de pilas?

  • O proceso de reciclaxe empeza por desfacernos das pilas usadas utilizando os contedores de recollida selectiva dispoñibles. Desta maneira, as pilas usadas lévanse a unha planta de reciclaxe, onde o mercurio sepárase de outros metais e o resto de materiais que constitúen as pilas usadas poden ser recuperados.
  • As pilas convencionais son sometidas a un proceso mecánico con diferentes etapas de trituración baixo condicións de refrixeración con nitróxeno. As pilas trituradas introdúcense nun destilador que se quenta ata a temperatura axeitada para a súa posterior condensación.
  • As pilas de botón son sometidas a un proceso de tratamento para a recuperación do mercurio tamén mediante destilación.
Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa