Recollida Selectiva Recollida Selectiva

A cidadanía desempeña un papel crucial na axeitada xestión dos residuos urbanos. A súa colaboración na redución da produción de lixo, a través dun consumo racional e responsable, a reutilización de materiais o maior número de veces posible antes de convertelos en residuos e a súa activa participación nos mecanismos de recollida selectiva, dará lugar a que a porcentaxe de residuos sometidos a tratamento final sexa menor, coas conseguintes vantaxes ambientais, económicas e sociais.

Ademais da selección de materia orgánica para a fabricación de compost caseiro, faise preciso separar o resto de materiais por tipoloxías e depositalos no contenedor correspondente.

Á hora de separar, os envases pódennos dar pistas. A través do símbolo coñecido como Punto Verde, indícase que o fabricante que puxo o envase no mercado investiu para facer posible a súa reciclaxe. Deste xeito, teremos a certeza de que ese envase, unha vez convertido en refugallo, poderase depositar nun dos tres colectores de recollida selectiva que hai nas rúas: o iglú verde, se é de vidro; no azul, se é de papel ou cartón; ou no amarelo, se é un envase de plástico, de metal ou un brik.

IGLÚ VERDE 

Debes depositar:

Botes, tarros e botellas de vidrio (sen os tapóns)

Non debes depositar:

As tapas e cortizas das botellas, cristais, parabrisas, pantallas de televisión e ordenador, lámpadas, vaixelas, vitrocerámicas, porcelana, cerámica, gres, baldosas, terra, grava, cemento, madeira, metais.

 

 

COLECTOR AZUL

Debes introducir:

Papel e cartón. Isto é: Xornais e revistas, follas de apuntamentos, cadernos sen argolas, papel de envolver ou embalar, caixas de cartón, cartóns de ovos.

Non debes depositar:

Papeis de calco, cartóns de leite, zume e viño (briks), papeis ou cartóns sucios de graxa, cueiros ou compresas, aluminio ou bolsas de papel aluminizadas ou celofán.

 

COLECTOR AMARELO

Destinado a acoller os envases lixeiros, isto é envoltorios de plásticos, latas e briks.

Por exemplo:

Redes plásticas (bolsas de laranxas ou de patacas), tapóns metálicos dos envases,papel de aluminio, plástico transparente de envolver, bolsas lixeiras, envoltorios de burbullas, bandexas plásticas, botes de cosméticos, tubos de dentífrico.

Non debes depositar:

Residuos de plástico que non sexan envases: xoguetes, cepillos de dentes, rotuladores, fitas de video, carretes de fotos, cables, enchufes...


 

COLECTOR XENÉRICO

Destinado a acoller os residuos non reciclables. En caso de que as condicións da nosa vivenda non sexan axeitadas para a fabricación de compost ou non dispoñamos dos medios necesarios, a materia orgánica debe depositarse tamén neste contenedor.

 

ILLAS ECOLÓXICAS

Nos últimos anos, comenzáronse a instalar contedores soterrados nos puntos de recollida de residuos de toda a xeografía, xa que presentan múltiples vantaxes como potenciar a mobilidade urbana, evitar os malos cheiros ou favorecer o embelecemento da vía pública ao ser a súa parte visible de menor tamaño.

Os contedores soterrados agrúpanse con frecuencia, formando as denominadas illas ecolóxicas, que poden combinar -sen límite- buzóns de orgánico, con vidrio, papel e envases. Estas illas poden incluso combinar diferentes sistemas de recollida para cada clase de residuo, configurando de forma autónoma cada unha das máquinas ou artefactos que poda requirir o servizo.

O Concello de Cervo dispón de tres illas ecolóxicas no seu termo coas seguintes características:

RSU: 2 x 1000 l de capacidade

PAPEL: 1 x 3 m³ de capacidade

PLÁSTICOS: 1 x 1000 l de capacidade

VIDRO: 1 x 3 m³ de capacidade

R/ Aduana (San Ciprián)

Localización GPS

43º 41' 39.72''N

7º 26' 32''W

 

Avda da Mariña –Praia do Torno (San Ciprián)

Localización GPS

43º 41' 46.27''N

7º 26' 28.47''W

 
Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa