
Das distintas fraccións de residuos anteriormente sinaladas, Sogama asume a xestión de dúas: o colector amarelo (envases lixeiros) e o colector xenérico (orgánicos e non reciclables). Do resto encárganse directamente os concellos, entregándoos a xestores autorizados.
Os envases depositados no recipiente de cor amarela seguen este percorrido:
a) Selección no fogar e correcto depósito no colector amarelo.
b) Recollida diferenciada polos servizos municipais (no noso concello encárgase de dita tarefa a empresa Celta Prix)
c) Traslado á estación de transferencia máis próxima (en Galicia hai 37), onde os envases lixeiros se trasvasan a colectores de maior capacidade (20 toneladas cada un). No caso do noso concello van para a Planta-Estación de Transferencia de Barreiros.
d) Transporte destes colectores á Planta de Clasificación de Sogama, situada no Complexo Medioambiental de Cerceda, na provincia de A Coruña.
e) Selección mecánica das distintas tipoloxías de material e prensado e embalado das mesmas.
f) Remisión do material clasificado aos centros recicladores e reincorporación O circuíto comercial como novos produtos.