NOVAS NOVAS
« Atrás

06/08/2016. O Concello de Cervo iniciará as obras de instalación de saneamento na parroquia de

O Concello de Cervo iniciará as obras de saneamento na parroquia de San Román cun investimento de 57.000 euros.
O alcalde, Alfonso Villares, explicou hoxe que esta obra “inclúese dentro do Plan de Obras e Servizos (POS) que xestiona a Deputación Provincial, no cal se destina ao Concello de Cervo un total de 57.063 euros, dos cales 45.600 ponos a Deputación e o Concello aporta 11.400”.
O rexedor cervense engadiu que “desde o Concello de Cervo apostamos polo proxecto de seguir levando as infraestruturas básicas ao noso municipio, e neste caso á nosa zona rural. O que decidimos foi destinar este diñeiro para o saneamento de San Román. É das parroquias, conxuntamente coa de Rúa, que nos quedan para iniciar as obras de saneamento e por iso agora mesmo o que toca é investir en San Román”.
Alfonso Villares tamén especificou que “ademais o que imos facer é aproveitar a depuradora que está instalada na zona da Senra e este diñeiro vaise investir soamente nas canalizacións que se van construír polo menos nunha unha zona de San Román. Non a toda a parroquia porque é extensa e no resto teremos que mirar de buscar outras zonas para situar novas depuradoras, porque agora mesmo á depuradora coa que se vai facer esta primeira obra non poderían acceder todas as casas da parroquia de San Román”.
O alcalde salienta que “é un novo paso que dá o Concello de Cervo para levar as infraestruturas básicas non soamente ás nosas zonas urbanas senón ás tamén ás rurais. Que serva de incentivo para aquelas persoas que estean pensando onde construír as súas vivendas que saiban que nas zonas rurais do concello de Cervo o nivel de infraestruturas é do mesmo xeito que nas nosas zonas urbanas”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa