NOVAS NOVAS
« Atrás

09/06/2016. O concello puxo en servizo o remodelado parque infantil no burgo da Senra.

O Concello de Cevo ven de poñer en servizo o remodelado parque infantil no burgo da Senra. As instalacións foron supervisadas polo alcalde, Alfonso Villares, e o concelleiro de Obras e Medio Rural, Plácido Pérez.

O rexedor municipal salientou que "desde o Concello de Cervo estamos a levar adiante traballos na nosa zona rural, nas nosas aldeas, sobre todo dirixidos aos nosos nenos e aos seus pais para acometer a construción e tamén o acondicionamento de distintos parques infantís, para que así os nenos, aínda que é certo que cada vez temos menos nas nosas aldeas, tamén teñan un lugar de esparexemento para poder gozar igual que os doutros en sitios onde hai máis poboación".

Alfonso Villares subliña que se trata "dunha actuación que neste caso acometeu o Concello de Cervo para acondicionar un parque destinado aos nenos no burgo da Senra. Un parque onde se puxeron distintos elementos de xogos para eles, que van servir para tentar facer máis atractivas as nosas aldeas para vivir. Incluso para aquelas familias que se acaban de establecer e teñen nenos que vexan que tamén na aldea se poñen servizos para que a vida sexa máis cómoda".

O rexedor cervense engade que "é o que estamos intentando facer desde o Concello de Cervo ao acometer estes parques infantís, como na Senra, e tamén á hora de levar adiante outro tipo de servizos que estamos a traer ás nosas aldeas, como é o caso das canalizacións de saneamento".

Finalmente Villares conclúe que "son distintas accións que nós cremos fundamental que se acometan por igual tanto na nosa zona rural como na urbana".

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa