NOVAS NOVAS
« Atrás

10/04/17 O CONCELLO DE CERVO MELLORA E AMPLÍA O ALUMEADO PÚBLICO DA AVENIDA DA VEIGA, BAIXO CRI

 

Estímase un aforro enerxético que rondará o 50%

  • Os traballos supuxeron un investimento de 23.000 euros

O Concello de Cervo vén de mellorar e ampliar o alumeado público da Avenida da Veiga, de San Ciprián.

En concreto, tal e como explicou o alcalde, Alfonso Villares, “substituíronse as lámpadas existentes de vapor de sodio por outras tipo led, coas que obteremos unha mellor eficiencia, mantendo a calidade da iluminación.

Ademais, instaláronse 11 novos puntos de luz en toda esa Avenida para reforzar a iluminación nunha zona moi transitada polos veciños de San Ciprián, sobre todo nesta época na que se achega o bo tempo”.

As novas luminarias –engadiu- “permitirán un aforro enerxético que estimamos cercano ao 50%, polo que ao tempo que melloramos o alumeado público do Concello, conseguimos reducir o consumo eléctrico, e por conseguinte, tamén, reducir o importe da factura eléctrica”.

“Actuacións como esta que vimos de levar a cabo, van na liña de traballo que temos definida dende o Concello, na que pretendemos brindar, na medida do posible, os mellores servizos aos nosos veciños, ao tempo que contribuímos a aforrar e optimizar o uso da enerxía, racionalizando o consumo das instalacións municipais”.

Os traballos supuxeron unha inversión de 23.000 euros, froito dun convenio suscrito coa Deputación Provincial.

A instalación xa está a punto, e esta mesma semana procederase ao acendido das novas luminarias.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa