NOVAS NOVAS
« Atrás

12/06/2016. O Concello de Cervo leva a cabo traballos de limpeza en varias estradas da deputaci

O Concello de Cervo está asumindo traballos de limpeza nas estradas LU-1501, de Riocobo a San Ciprián, e LU-1505 ao seu paso por Cervo, que son competencia da Deputación. O goberno municipal lamenta que a institución provincial non afronte esas tarefas nestes viarios que son de titularidade desa administración.
O equipo de goberno local manifesta que “desde o Concello de Cervo empezamos a facer traballos de limpeza de cunetas en estradas que non son da competencia do Concello de Cervo. Lamentamos que iso sexa así, que teñamos que facer eses traballos cando realmente tiñan que ser outras administracións as que o tiveran que facer, neste caso a Deputación Provincial”.
O goberno municipal salienta que “son moitos, sobre todo nesta época do ano, os traballos de mantemento nas distintas estradas que hai que facer. A verdade é que co crecemento da vexetación, co inverno que tivemos e coa primavera que estamos tendo fixo que a herba crecera moito e están moitas das nosas cunetas de todas as estradas sobordando de vexetación”.
O equipo de goberno subliña que “desde o Concello de Cervo temos moitos sitios onde facer eses traballos: as nosas estradas municipais, camiños e espazos públicos; non soamente das nosas poboacións máis grandes, Cervo e San Ciprián, que elas xa de por si requiren atencións máis diarias polos distintos parques e zonas verdes que hai nestas zonas urbanas, senón tamén nas nosas aldeas, pois nas nosas parroquias son moitos os sitios nos que o Concello de Cervo ten que acometer estes traballos”.
O Concello de Cervo engade que “son traballos que estamos facendo na medida das nosas posibilidades, todo o mellor e o máis rápido que podemos, pero non podemos chegar a todos os sitios a un tempo. Por iso tamén nestas zonas decidimos facer estes traballos, tanto en San Ciprián como en Cervo, nestas estradas que non son da nosa competencia, porque son as de entrada ao pobo e a verdade é que ver como están nestes momentos é unha imaxe que non nos gusta a ninguén. Por iso procedemos desde o Concello de Cervo a facer ese traballo esperando que todas as administración fagan o mantemento do que lles compete a cada unha delas, sobre todo no que abarca ao concello de Cervo”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa