NOVAS NOVAS
« Atrás

19/07/2016. O alcalde de Cervo agradece o investimento de 200.000 euros aprobado no consello da

O alcalde, Alfonso Villares, mostrou o seu agradecemento á administración autonómica, e concretamente á titular de Medio Ambiente, Beatriz Mato, o investimento aprobado onte no Consello da Xunta para obras de abastecemento en Riocobo por importe de 200.000 euros.
O rexedor cervense manifesta que “desde o Concello de Cervo temos que agradecerlle á Xunta de Galicia, e no seu nome á conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, o convenio que aprobaron onte no Consello da Xunta para un investimento no noso concello, neste caso para renovar unha infraestrutura de abastecemento de auga, de 200.000 euros”.
Alfonso Villares sinala que “a obra vaise realizar na urbanización de Riocobo. Trátase dun tramo urbano onde é necesario e nós xa levábamos tempo demandando esta obra. Hai que acometer estes arranxos debido a que estas canalizacións que existen aínda son de fibrocemento e é unha zona onde nos causan continuamente problemas por ruptura destas canalizacións”.
O alcalde de Cervo subliña que “con este investimento de 200.000 euros consideraramos que se van arranxar parte dos problemas que agora mesmo temos nesta zona”.
Villares insiste en “agradecer á Xunta de Galicia, e a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, este investimento que está a facer polos servizos básicos do concello de Cervo”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa