NOVAS NOVAS
« Atrás

21/04/17. O CONCELLO DE CERVO VÉN DE REMATAR A PRIMEIRA FASE DUN PLAN DE ACCESIBILIDADE INTEGRA

Elimináronse barreiras arquitectónicas e urbanísticas no primeiro tramo da Avenida da Mariña, cun presuposto de 92.000 euros aportados pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

O Concello de Cervo vén de rematar a primeira fase dun plan integral de accesibilidade, que iniciou no centro urbano de San Ciprián.

En concreto, tal e como sinalou o alcalde de Cervo, Alfono Villares, que supervisou os traballos en compañía da edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, e da de Medio Ambiente, Manuela Méndez, “actuouse inicialmente nun primeiro tramo da Avenida da Mariña que é a vía principal do núcleo que vertebra e une os diferentes espazos urbanos da vila e na que detectamos distintas problemáticas que dificultaban a circulación dos peóns”.

Deste xeito -engadiu- “o que se tratou é de dar solución a eses problemas, mellorando a contorna e os accesos a diferentes áreas de lecer como a Casa da Cultura, a Praza da Casa da Cultura, a Praza dos Campos ou o Parque Raíña Sofía; con actuacións encamiñadas á eliminación de barreiras nos trazados das beirarrúas, dos pasos de peóns e das conexións entre vías, xestionando o estacionamento de vehículos e a colocación de mobiliario urbano a fin de favorecer o tránsito dos viandantes”.

Esta primeira intervención supuxo un investimento de 92.000 euros, fondos aportados pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social.

O obxectivo que se plantexa pois, é ir adaptando gradualmente as rúas, para mellorar a accesibilidade e facilitar a mobilidade dos peoóns, creando uns centros urbanos moito máis humanizados, e mellorando os espazos públicos co fin de que todos os veciños podan gozar do entorno de xeito libre, seguro e o máis autónomo posible.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa