NOVAS NOVAS
« Atrás

22/07/2016. A ampliación da estrada desde o centro de saúde de San Ciprián ata galdín, cun inve

A ampliación da estrada que vai desde o centro de saúde de San Ciprián ata Galdín, cun investimento de 660.000 euros por parte da Xunta de Galicia, permitirá mellorar a comunicación co polígono industrial de Cuíña. Explicouno hoxe o alcalde de Cervo, Alfonso Villares.
“Desde o Concello de Cervo estamos moi satisfeitos e agradecidos á Xunta de Galicia polo investimento para levar adiante a ampliación da estrada que vai desde o centro de saúde de San Ciprián á zona de Galdín. Son 660.000 euros que lle temos que agradecer á Xunta de Galicia e, no seu nome, ao seu presidente, Alberto Núñez Feijoo. É un investimento que é máis que necesario para o pobo de San Ciprián porque vainos axudar a desatascar zonas de embude que temos para acercarnos non soamente a San Ciprián senón tamén ao polígono industrial de Cuíña. Non é este o acceso principal a ese parque empresarial, senón que ten outra vía de entrada, que esperamos conseguir desbloquear despois destes 8 anos de bloqueo por parte da Deputación Provincial. Pero mentres tanto vamos poder aproveitarnos desta estrada alternativa”, explicou o rexedor municipal cervense.
Alfonso Villares engadiu que despois da ampliación esta estrada “vai ser de 12 metros de ancho, con beirarrúas; unha calzada considerable para poder desdobrar o tráfico que entra continuamente a San Ciprián. Polo tanto é unha obra moi importante”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa