NOVAS NOVAS
« Atrás

23/08/2016. O Concello de Cervo mellora o salón de actos da Casa do Mar, de San Ciprián. O inve

O Concello de Cervo leva a cabo estes días obras de mellora e acondicionamento no salón de actos da Casa do Mar, de San Ciprián. O investimento, asumido integramente con fondos municipais, ascende a 12.000 euros.
O alcalde, Alfonso Villares, explicou hoxe que “durante estes días desde o Concello de Cervo estamos a acometer unha serie de traballos na Casa do Mar, de San Ciprián. É un edificio que desde hai tres anos que o Concello conseguiu a súa concesión, é propiedade nosa. Un proceso que foi moi longo e xa os veciños estes anos pasados tiveron boa conta das problemáticas que tivo o Concello de Cervo para facerse cargo deste edificio público. E desde que está xestionado polo Concello de Cervo estamos a facer pouco a pouco distintos traballos para enchelo de actividade”.
O rexedor municipal engadiu “nun primeiro momento o que xa fixemos foi levar para aí a Escola Infantil do Concello de Cervo. Tamén informamos a semana pasada de que estamos instalando un ascensor, o que vai posibilitar a mellora da accesibilidade a aquelas persoas que teñen problemas de mobilidade á parte alta deste edificio. E agora estamos a acometer uns traballos no salón de actos deste edificio para acondicionalo e mellorar as súas condicións de uso. Estamos a colocar unha tarima no chan deste salón de actos, que se está a utilizar polas escolas deportivas do Concello de Cervo. Aí teñen lugar moitas das actividades, como as de ximnasia que fan estas escolas. Por iso é necesario que este espazo estea adecuado e sexa cómodo para os distintos usos que lle estamos a dar e polo tanto estamos a proceder a colocar esta tarima flotante e facer traballos de pintura e acondicionamento deste salón de actos”.
Alfonso Villares subliña que “son uns traballos máis que está a acometer exclusivamente o Concello de Cervo cunha inversión de 12.000 euros, que proceden unicamente dos fondos municipais. Nós entendemos que están ben empregados porque con isto o que conseguimos é darlle un mellor uso a un edificio público que levaba uns anos sen usarse, como é esta Casa do Mar, de San Ciprián”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa