NOVAS NOVAS
« Atrás

A REHABILITACIÓN DO EDIFICIO DAS ESCOLAS VELLAS DE CERVO AVANZA A BO RITMO E A PREVISIÓN E QUE

A obra está orzada  en 170.015 euros

  • O rexedor, Alfonso Villares, o edil de Obras, Plácido Pérez e o membro da asociación cultural Airiños do Xunco, Carlos Sanz, estiveron supervisando a actuación

A obra de rehabilitación do edificio das Escolas Vellas de Cervo avanza a bo ritmo, tal e como puideron constatar no día de hoxe o alcalde, Alfonso Villares, o edil de Obras, Plácido Pérez e o representante da asociación cultural Airiños do Xunco, Carlos Sanz, que precisaron que “a previsión é que a actuación estea rematada no mes de novembro”.

A obra supón un investimento de 170.000 euros, provintes do Plan único da Depuración Provincial, que lle corresponden a Cervo.

A día de hoxe xa se remataron os traballos na estrutura das cubertas interiores e exteriores, instaláronse canlóns de pluviais de zinc, e estase a traballar no saneamento dos muros exteriores e interiores do edificio que conta cunha superficie de 270 m2; “no que se está a respectar tanto a estrutura como as materiais orixinais, tal e como foi concibido no seu día vai un século”.

Villares recordou que se levará a cabo un saneamento exterior e interior para evitar humidades e mellorarase o illamento térmico e acústico “co que conseguimos gañar en eficiencia enerxética e tamén o acondicionamos para o uso que está a ter maioritariamente hoxe en día, tendo en conta que se trata dun centro cultural con moita actividade e moi frecuentado polas agrupacións locais; xestionado desde vai anos pola AC Airiños do Xunco”.

Tamén se substituirán, así mesmo, as carpinterías exteriores,  por novas portas e ventás de PVC e incorporaranse dous baños (ata agora estaban no exterior), un deles adaptado, cumprindo coa normativa de accesibilidade, e tamén se actuará na parte externa do edificio, para facelo, así mesmo, máis accesible.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa