NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO ACOMETERÁ UNHA REHABILITACIÓN INTEGRAL DAS ESCOLAS VELLAS DE CERVO

 

  • A obra conta cun presuposto de 170.015 euros
  • O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Obras, Plácido Pérez, visitaron as instalacións acompañados do Presidente da AC Airiños do Xunco, Rafael Blas

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Obras, Plácido Pérez, acompañados do Presidente da Asociación Cultural Airiños do Xunco, Rafael Blas, visitaron o edificio que albergaba a antiga escola unitaria, coñecido como Escolas Vellas de Cervo, e hoxe convertido nun dos centros culturais desta parroquia.

Alí o rexedor confirmou que “o Concello vai acometer uns traballos moi importantes de rehabilitación nas instalacións nos vindeiros meses, cun presuposto de 170.000 euros, que proveñen dos fondos do Plan Único da Deputación Provincial, que lle corresponden a este Concello”.

Trátase dun edificio de planta rectangular, cunha superficie de 270 m2, e tal e como explicou Villares a actuación a realizar comprenderá “cambios na estrutura da cuberta, instalando novos canlóns e baixantes para evitar filtracións de auga, ademais farase un saneamento exterior e interior para evitar humidades e mellorarase o illamento térmico e acústico.

Tamén se substituirán, así mesmo, as carpinterías exteriores,  por novas portas e ventás de PVC e incorporaranse dous baños (a día de hoxe este servizo está no exterior), un deles adaptado, cumprindo coa normativa de accesibilidade, e tamén se actuará na parte exterior do edificio, para facelo así mesmo, máis accesible.

Segundo sinalou o rexedor “o que pretendemos con esta actuación é mellorar o edificio, facelo máis confortable e operativo, ao tempo que, ao incidir no illamento térmico e acúsitico, tamén conseguimos unha maior eficiencia enerxética”.

“O obxectivo último é polo tanto brindar aos veciños de Cervo unhas instalacións melloradas, ao tempo que poñemos en valor un edificio histórico do noso Concello, que este mesmo ano cumpre 100 anos, e que foi doado no seu día por unha familia de cervenses, que emigraron a América. Unhas instalacións que están vivas grazas a actividade que nelas desevolve na actualidade a AC Airiños do Xunco, froito dun convenio de cesión asinado co Concello”.

Este equipo de Goberno decidiu pois achegar unha parte importante do presuposto do Plan Único á mellora neste caso dun edificio municipal, con moita actividade, que cumpre unha función que entendemos que é fundamental para os nosos veciños e veciñas.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa