NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ACOMETERÁ UNHA ACTUACIÓN INTEGRAL NO CAMIÑO DA FONTE DE SAN ROQUE, EN CERV

 

O proxecto contempla a renovación da rede de sumidoiros; aproveitando tamén para independizar a recollida de augas residuais e pluviais; mellorando tamén o alumeado público e renovando a pavimentación, co fin de “humanizar toda a contorna”

  • A obra suporá un investimento de preto de 120.000 euros

O Concello de Cervo vai acometer unha actuación integral nos vindeiros meses no Camiño  da Fonte de San Roque, no núcleo de Cervo.

Ata alí se desprazaron no día de hoxe o rexedor, Alfonso Villares, a edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, e o de Obras, Plácido Pérez, co fin de ver in situ o proxecto que se vai levar a cabo e que está orzamentado en algo máis de 117.000 euros.

O rexedor explicou que o proxecto foi encargado prioritariamente para renovar a rede de sumidoiros que hai na zona, que está deteriorada e que é moi antiga; “e ao mesmo tempo imos aproveitar para independizar as dúas redes, a de residuais e a de pluviais”.

Villares apuntou que a maiores tamén melloraremos o alumeado público, substituíndo o tendido en superficie por unha canalización soterrada e renovaremos a pavimentación da contorna; sempre respectando a imaxe senlleira do lugar, pero facilitando o tránsito aos viandantes e reducindo a pendente en tramos como o que une a Igrexa coa Fonte de San Roque “co obxectivo de humanizar toda unha zona moi simbólica e emblemática do núcleo de Cervo, e moi frecuentada polos veciños”.

O alcalde apuntou que é unha actuación prioritaria que imos levar a cabo nos vindeiros meses.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa