NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ACONDICIONA O CAMIÑO FORESTAL PLANTÍO-LAGOA-PENA ESVARADÍA, EN RÚA

 Villares agradece “a boa disposición e as facilidades dadas polos propietarios das parcelas lindeiras para poder acometer unha actuación que favorece o acceso ás súas fincas”

  • A obra está financiada pola Xunta de Galicia con case 40.000 euros procedentes de fondos AGADER

 

O alcalde de Cervo, Alfonso  Villares e o edil de Obras, Plácido Pérez, desprazáronse ata a parroquia de Rúa, onde, acompañados polo alcalde pedáneo da parroquia, Ramón Alemparte, supervisaron os traballos de acondicionamento que se están a acometer nunha pista rural coñecida Camiño Plantío -Lagoa - Pena Esvaradía.

A actuación está financiada pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural, con case 40.000 euros procedentes de fondos AGADER (39.632 euros concretamente).

Villares quixo “agradecer aos 41 propietarios das parcelas lindeiras a súa boa disposición e as facilidades que amosaron para poder acometer esta actuación que favorece o acceso ás súas fincas”

En concreto, estase a ampliar esta finca forestal ata unha anchura de 5 metros; executando cunetas e táxeas para favorecer a drenaxe da estrada; ademais estanse a levar a cabo traballos de preparado do firme existente, para, posteriormente, rematalo cunha capa de xabre artificial debidamente compactada.

O rexedor destacou que se trata dun vial moi transitado, que saída a moitas pistas da zona; “e con estes traballos conseguimos unha vía de calidade, melloramos o tránsito, facilitando que se poidan cruzar dous vehículos sen limitacións, ao tempo que seguimos a traballar pola vertebración das nosas aldeas”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa