NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO AGRADECE Á XUNTA DE GALICIA O INVESTIMENTO DESTINADO A MELLORAR O PATIO DO

As obras, que contarán cun orzamento de máis de 17.000 euros, foron reivindicadas pola dirección do centro, e a administración municipal mediou coa delegación territorial que amosou desde o primeiro intre unha boa disposición para levar adiante os traballos

  • Con esta actuación, que se acometerá durante o verán para non alterar a actividade lectiva, “a zona de xogos do colexio presentará unha imaxe completamente renovada tendo en conta que vai uns meses reformamos, con fondos municipais, o parque infantil”

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, agradece á Xunta de Galicia, a inversión que vai acometer no patio do CEIP Número 1, de San Ciprián.

O rexedor sinalou que as obras, que contarán cun orzamento que superará os 17.000 euros, foron solicitadas pola dirección do centro, “e desde o Concello puxemos esta reivindicación en coñecemento da delegación territorial, que desde o primeiro intre amosou unha moi boa disposición para levar a cabo os traballos”.

Con esta nova actuación, que se acometerá nos meses de verán para que non se vexa alterada a actividade lectiva, a zona de xogos do colexio presentará unha imaxe completamente renovada. Porque, tal e como recordou Villares, “estes traballos veñen sumarse á recente reforma do parque infantil que acometemos con fondos municipais e que supuxo dun investimento de algo máis de 20.000 euros”.

O alcalde incidiu en que para “nós é fundamental estar en contacto permanente coa dirección e coas ANPAS dos centros educativos do municipio para ser coñecedores en todo momento das súas necesidades, e darlles resposta na medida das nosas posibilidades “porque entendemos que a Educación é un piar fundamental e o noso obxectivo pasa porque as instalacións estean na mellor das condición para ofrecer, como así vén sendo, un servizo de calidade”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa