NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO AMPLIARÁ A ESCOLA INFANTIL CUNHA NOVA AULA E QUINCE PRAZAS MÁIS, CO OBXECT

 

  • Vén de iniciarse a primeira fase da actuación coa construción de novos aseos, trasladándoos dende a ubicación actual onde se habilitará a nova aula

 

  • A obra conta cun orzamento de 13.475 euros procendentes de fondos municipais

 

O Concello de Cervo está a realizar estes días obras na Casa do Mar, onde está ubicada a Escola Infantil Municipal.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, e a de Educación, Dolores García Caramés, estiveron supervisando os traballos que se corresponden, nunha primeira fase, coa construción de dous aseos na pranta baixa do edificio, un deles adaptado.

Tal e como explicou o rexedor esta é a primeira fase dunha actuación que ten como finalidade a ampliación da Escola Infantil Municipal, “deste xeito estamos a reestruturar a pranta baixa co fin de crear unha nova aula que estaría emprazada onde están na actualidade os aseos; co que lograremos así incrementar a capacidade do centro en 15 prazas, pasando das 39 que ten na actualidade a 54”.

A construción destes dous novos aseos conta cun orzamento de 13.475 euros, todos eles procedentes de fondos municipais.

O rexedor sinalou que a previsión do Concello de Cervo é poder ter en funcionamento esta nova aula a comezos do vindeiro ano; “co obxectivo de dar resposta ás necesidades e demandas das familias, para contribuír a facilitar a conciliación”.

Villares apuntou que é a segunda vez que incrementamos o número de prazas, e recordou que “case as dobramos no 2015, cando cambiamos de ubicación a Escola, da Zona do Porto de Arriba á Casa do Mar, pasando de 20, ás 38 prazas que hai na actualidade; e agora imos dar ese paso máis co fin de tentar cubrir ao 100% as demandas das familias e que teñan a posibilidade de facer uso das instalacións en función das súas necesidades”.

O rexedor engadiu que a previsión é que a obra dos aseos estea rematada en quince días, e xa a continuación a nosa intención e comezar a traballar na ampliación propiamente dita da Escola Infantil.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa