NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO COMEZA OS TRABALLOS DE SANEAMENTO DO NÚCLEO DE PRAZA, NA PARROQUIA DE CAST

 

A actuación supón unha inversión de preto de 30.000 euros

O Concello de Cervo vén de iniciar as obras de saneamento do núcleo de Praza, na parroquia de Castelo.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o tenente de alcalde e edil de Obras, Plácido Pérez, xunto a técnicos municipais, desprazáronse esta mañá ata a zona para supervisar a actuación que supón un investimento de preto de 30.000 euros, procedentes, na súa maior parte, da Consellería de Presidencia, da Xunta de Galicia, e tamén hai unha pequena aportación do Concello de Cervo.

Villares sinalou que para o Concello de Cervo “son infraestruturas fundamentais que queremos achegar a todas as casas, non só ás que están nas zonas urbanas, senón tamén, como é o caso, ao noso rural”.

Con estas obras de saneamento no burgo de Praza damos un paso máis –engadiu- “porque son traballos que non son doados de acometer dada a extensión que hai no rural e a súa dispersión, o que conleva unha importante mobilización orzamentaria para podelos levar a cabo”.

Pero dende o Concello de Cervo, sinalou “levamos anos traballando neste camiño para tentar conseguir que o saneamento integral do municipio no seu conxunto sexa unha realidade”.

Pérez pola súa banda concretou que “os traballos consistirán na ampliación da rede de colectores existente, para conducir as verteduras de augas residuais dos veciños de Praza, á depuradora existente, co que o servizo chegará á totalidade dos habitantes do núcleo, que é aproximadamente o 25% da poboación de Castelo”.

Villares incidiu así mesmo, en que se trata dunha actuación importante “coa que respondemos a unha demanda dos veciños, e coa que pretendemos mellorar a calidade de vida dos cervenses, neste caso en beneficio daqueles que viven no rural, co obxectivo de que todos e cada un dos recunchos do noso municipio dispoñan de servizos de calidade, en consonancia con medio ambiente, como neste caso; ao tempo que acondicionamos o noso rural para que sexa cada vez máis atractivo para o asentamento de nova poboación”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa