NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO COMEZOU O TRAZADO DO PASEO PEONIL QUE UNIRÁ A FÁBRICA DE SARGADELOS CO CONX

 

A actuación supón un investimento de 158.700 euros froito dun convenio coa Deputación provincial

  • O novo camiño, que terá un percorrido de algo máis de 800 metros, “mellorá a seguridade dunha zona moi transitada e será un valor engadido para todo o enclave”

O Concello de Cervo vén de iniciar os traballos de roza e desmonte para o trazado do Paseo Peonil de Sargadelos, que unirá a Fábrica de Cerámica co futuro Centro de Artesanía e o edificio das Antigas Naves de Fundición; é dicir, co Conxunto Histórico Artístico.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Obras, Plácido Pérez, e a de Medio Ambiente, Manuela Méndez, estiveron supervisando os traballos que contan cun orzamento de 158.743 euros, froito dun convenio asinado coa Deputación Provincial.

Tal e como explicou o rexedor o novo paseo terá entre 1,5 e 2 metros de ancho, dependendo da zona, ao longo de 819 metros de percorrido colindante coa estrada LU-P-1505, que une a Fábrica e as Antigas Naves de Fundición; pasando polo núcleo de Sargadelos.

Tal e como apuntou Villares o camiño terá varios tramos que discorrirán tanto pola marxe dereita como esquerda da estrada; en función do trazado. Ademais, tamén se construirá unha pasarela de madeira sobre o “Regato de Sargadelos”, para favorecer o tránsito peonil.

Tamén se considerou soterrar as liñas aéreas de baixa tensión e de teléfono baixo a nova zona peonil, co obxectivo de reducir así o impacto visual do cableado.

A alcalde apuntou que o comezo desta obra é unha moi boa nova para todos porque se trata dun tramo de dobre senso de circulación, estreito e sen apenas beiravía, polo que “con este paseo gañaremos moito en seguridade”, tendo en conta, ademais, que é unha zona moi transitada fundamentalmente polos propios veciños, pero tamén, sen dúbida, por moitos visitantes;  porque non podemos olvidar que Sargadelos é un referente non só na provincia de Lugo, senón tamén fóra dos nosos límites; “polo que unha actuación desta natureza cremos que lle vai aportar un gran valor engadido a todo o Conxunto Histórico Artístico;  xa que aqueles que nos visiten podarán desfrutar con seguridade dunha contorna excepcional como a que temos o privilexio de contar no noso Concello”.

Aínda que os técnicos se atoparon con algunha dificultade nas primeiras escavacións, a previsión é que o paseo estea finalizado e transitable antes do verán; “cando  contaremos cun Conxunto Histórico Artístico con máis e mellores prestación; xa que este novo sendeiro virá sumarse á posta en funcionamento do Centro de Artesanía que estará ubicado no Antigo Edificio das Cabalerizas”; para o que recordamos que os artesáns interesados teñen ata comezos de ano para entregar toda a documentación requirida para poder optar a un dos 6 locais habilitados nestas instalacións.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa