NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CONSTRUIRÁ UNHA PISTA DE SKATE NO PARQUE REINA SOFÍA DE SAN CIPRIÁN

 

  • O rexedor indicou que esta nova instalación, que estará operativa antes do vindeiro verán, quedará perfectamente integrada na contorna e aportará modernidade e dinamismo ao centro da vila, dándolle incluso un toque máis urbanita
  •  
  • A intención é que sexa un punto de encontro da mocidade do Concello no que poidan desfrutar ao tempo deste deporte alternativo nunha pista profesional ou bowl skate, a única en toda a Mariña de Lugo destas características
  •  
  • O parque biosaudable urbano que está nesa zona seguirá dispoñible igualmente “para uso e desfrute dos nosos veciños”
  •  

 

O Concello de Cervo contará cunha pista de skate profesional (bowl skate) que se construirá na zona do parque Reina Sofía, detrás da Casa do Mar.

 

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, desprazáronse ata a zona onde se vai instalar, e alí reuníronse con  membros do Club Limosa Surf, para falar do proxecto; pensado e definido conxuntamente.

 

A nova instalación será construída no mesmo centro de San Ciprián, en formigón, con fondos municipais e suporá unha inversión que rondará os 70.000 euros.

 

Tal e como apuntou o rexedor “cremos que aportará modernidade e dinamismo ao centro da vila, dándolle incluso un toque máis urbanita”.

                   

Villares sinalou que a nova infraestrutura quedará perfectamente integrada na contorna e foi concibida como un punto de encontro para a mocidade do Concello, con fin de que  poidan desfrutar ao tempo deste deporte que podemos considerar alternativo; e ver incluso a figuras e profesionais do skate en Cervo, “que sabemos que se desprazarán ata aquí, porque contaremos cunha das poucas pistas homologadas para este tipo de competicións que hai en Galicia, e a única na Mariña de Lugo, destas características”.

 

Esta nova instalación vai en consonancia coa filosofía que perseguimos dende o Goberno “apostando decididamente polo deporte no seu conxunto e en todas as súas facetas; tendo en conta ademais que a afección que hai a día de hoxe entre a xente nova polo mundo do patín”.

 

O rexedor sinalou que o o parque biosaudable urbano que está ubicado nesa zona do Parque Reina Sofía non verá alterado en ningún caso o seu funcionamento a raíz da instalación desta pista “porque a noso obxectivo pasa tamén por fomentar e promover a actividade deportiva e os hábitos de vida saudable entre os nosos maiores; conseguindo deste xeito que convivan diferentes ambientes e diferentes xeracións nunha mesma zona na que terán un importante protagonismo o ocio e o deporte”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa