NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INICIARÁ NAS VINDEIRAS SEMANAS AS OBRAS DA NOVA VÍA QUE CONECTARÁ A ZONA DE

O actuación conta cun orzamento de algo máis de 640.000 euros froito dun convenio asinado no seu día coa Xunta de Galicia

O trazado inicial variouse co fin de evitar pendentes e tamén para ofrecer aos vehículos pesados unha saída funcional do Polígono de Cuíñamentras a Deputación Provincial non executa a avenida de acceso que ten comprometida, precisou Villares

O rexedor asinou hoxe o contrato de obra coa empresa adxudicataria, Ovisa Pavimentos y Obras S.L.

O Concello de Cervo iniciará nas vindeiras semanas as obras de acondicionamento da rúa ubicada entre a Avenida Bellavista e a Avenida da Veiga, que conectará a zona de Galdín -onde está o colexio de San Ciprián- co Centro de Saúde.

O rexedor, Alfonso Villares, asinou esta mañá o contrato coa empresa que resultou adxudicataria da obra, Ovisa Pavimentos y Obras S.L, que contará cun orzamento de algo máis de 640.000 euros (641.977,21 euros concretamente), procedentes da Xunta de Galicia, froito dun convenio subscrito no seu día coa Axencia Galega de Infraestruturas.

Villares precisou que se trata dunha actuación importantísima para esta vila porque estamos a falar da creación dunha nova arteria que “será unha alternativa de entrada e saída a San Ciprián, que aliviará e desconxestionará moito o tráfico do centro do pobo”.

O alcalde apuntou, así mesmo, que o trazado inicial viuse variado para evitar pendentes e “ofrecer así tamén unha saída funcional do Polígono de Cuíña aos vehículos pesados, mentras a Deputación Provincial non executa a avenida de acceso que ten comprometida”.

A nova rúa terá unha lonxitude de 350 metros e unha anchura de 12 metros que favorecerá o dobre sentido da circulación; así mesmo están proxectados aparcadoiros e beirarrúas en ámbolos dous lados da calzada e tamén se construirá unha nova ponte sobre a vía do tren, e dúas glorietas -unha fronte ao centro de saúde e outra na zona de Galdín-; ademais da incorporación de nova iluminación e da dotación de servizos de saneamento e recollida de pluviais.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa