NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INICIOU AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DE VARIAS RÚA DO NÚCLEO DE CERVO

O rexedor, Alfonso Villares, supervisou os traballos acompañado do delegado da Xunta, José Manuel Balseiro

  • O alcalde agradeceu á Administración Autonómica a financiación deste proxecto “que mellorará os servizos e a imaxe desta emblemática zona”  para o que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destina case 500.000 euros

 

O Concello de Cervo vén de iniciar as obras de humanización de varias rúas do núcleo urbano de Cervo, en concreto a área comprendida entre a rúa Calabadexo, rúa da Aldea e Xosé Álvarez.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Obras, Plácido Pérez, supervisaron os traballos acompañados do delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

O rexedor quixo agradecer á Administración Autonómica financiación íntegra deste proxecto a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que mobiliza case medio millón de euros (499.550 euros en concreto) para a renovación integral de servizos e infraestruturas; e a mellora da imaxe desta zona tradicional e senlleira da capitalidade municipal “mantendo, evidentemente, a esencia que a caracteriza e que a fai tan singular”.

As actuacións consistirán na renovación das redes de abastecemento e saneamento, o soterramento das redes de iluminación pública, subministro eléctrico e telefonía, a renovación da calzada e a instalación de novo mobiliario urbano.

Isto permitirá, entre outras melloras, dotar de hidratantes e bocas de rego ás rúas e independizar as redes de sumidoiros de augas pluviais e residuais, evitando que as primeiras discorran ata a depuradora e aumentando, por elo, o rendemento do sistema.

Pola súa banda, a canalización soterrada do cableado evitará o impacto visual que provocan as liñas de distintos servizos que actualmente cruzan as rúas, fachadas e fincas. A esta mellora estética contribuirá tamén a renovación da pavimentación da cazada, creando espazos diferenciados para os peóns e para o tráfico rodado; de tal xeito que a zona central se pavimentará con lastras de formigón; e a zona perimetral destinada aos viandantes con laxas de granito.

Pola súa banda, o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, sinalou que este investimento responde a un programa de axudas da Consellería que pretende fomentar un adecuado desenvolvemento urbanístico das vilas, con actuacións orientadas a frear o despoboamento, potenciando as infraestruturas, servizos e equipamentos e, en definitiva, mellorando o benestar e a calidade de vida da súa poboación.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa