NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INVESTIU MÁIS DE 240.000 EUROS NO SANEAMENTO DO BURGO DE TRASBAR

 

A meirande parte dos veciños deste núcleo xa poden solicitar a alta e o enganche á depuradora

  • O Concello ten previsto mobilizar outros 20.000 euros a comezos de ano para achegar este servizo tamén á zona da Cabanela

 

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Obras, Plácido Pérez, e a de Medio Ambiente, Manuela Méndez, mantiveron un encontro cos veciños do núcleo de Trasbar, aos que convocaron para trasladarlles toda a información relativa aos traballos de saneamento que se acometeron nesta zona.

En concreto, tal e como explicou o alcalde, “investimos máis de 240.000 euros nos últimos tres anos para levar o saneamento a este Burgo, un servizo que consideramos esencial e que fomos capaces de achegar tamén ao noso rural”.

O rexedor destacou que a meirande parte dos veciños de Trasbar xa poden solicitar a alta do servizo e o enganche á depuradora.

Son máis de vinte as vivendas que se poderán beneficiar desta prestación e, tal e como aclarou Villares, a día de hoxe quédanos só o núcleo de Cabanelas descuberto; pero xa temos previsto mobilizar uns 20.000 euros de fondos públicos a comezos de ano para acometer as obras oportunas para que o saneamento sexa unha realidade tamén para os veciños desta zona.

O alcalde sinalou que no últimos mes os técnicos municipais estiveron a facer os traballos preparatorios necesarios para a posta en marcha desta depuradora de Trasbar que consideramos que é un servizo importantísimo e fundamental para os nosos veciños; ao tempo que acondicionamos o noso rural para que sexa cada vez máis atractivo para o asentamento de novo poboación, ao sumar cada vez máis e mellores servizos.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa