NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO MELLORA A REDE DE ABASTECEMENTO NO NÚCLEO DE CERVO

 

  • A actuación conta cun investimento de case 7000 euros procedentes de fondos municipais

 

O Concello de Cervo está a realizar estes días traballos de mellora na rede de abastecemento de augas no núcleo de Cervo, en concreto no cruce da Avenida de Galicia coa Avenida de Lugo.

O rexedor, Alfonso Villares, o edil de Obras, Plácido Pérez, e a de Medio Ambiente, Manuela Méndez, desprazáronse ata o lugar para supervisar a actuación que, tal e como explicou o rexedor, “consiste na substitución das vellas canalizacións que eran de fibrocemento por outras de PVC, e ademais –destacou-, “parte das antigas tubaxes estaban en terreos privados, polo que as trasladamos todas a zonas públicas”.

Son traballos que supoñen unha inversión de preto de 7000 euros, todos eles procedentes de fondos públicos, cos que reforzamos un servizo municipal que, aínda que está soterrado e non se ve, consideramos que é primordial para mellorar o día a día dos nosos veciños”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa