NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO MELLORA O SISTEMA DE RECOLLIDA DE AUGAS E CREA UNHA NOVA ZONA VERDE NA VEI

 

  • Estanse instalando novas tubaxes de drenaxe e colocando arquetas para mellorar a recollida de augas pluviais

  •  O Concello de Cervo está a mellorar a o sistema de recollida de augas pluvias na zona da Veiga, en San Ciprián.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, estiveron supervisado a actuación que consiste na instalación de novas tubaxes de drenaxe e na colocación de arquetas “coas que evitaremos que se poidan formar charqueiras ou haxa desbordamentos, os días de chuvia intensa”.

Cando rematen esta actuación –engadiu- “crearemos unha nova zona verde nesa contorna, na que plantaremos palmeiras e outros elementos arbustivos; cos que tamén melloraremos a imaxe da Avenida”.

Son actuacións que vimos desenvolvendo con regularidade en todo o termo municipal co fin “de manter unha imaxe homoxénea, coidada, e na que as zonas verdes teñan o seu protagonismo; xa que son lugares pensados para o esparcemento e que tamén embelecen a contorna”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa