NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO MELLOROU A SEGURIDADE E A ACCESIBILIDADE NA ZONA DO CEIP DE CERVO COA CONST

A obra contou cun orzamento de preto de 50.000 euros procedentes de fondos municipais

O Concello de Cervo rematou os traballos de mellora da seguridade e a accesibilidade na zona do CEIP de Cervo.

O rexedor, Alfonso Villares, o edil de Obras, Plácido Pérez, e a de Medio Ambiente, Mali Méndez, supervisaron a obra que consistiu na construción de beirarrúas, nun tramo de máis de 200 metros entre a rúa que dá acceso ao Centro de Saúde e a Praza Federico Mon.

O Concello destinou para esta actuación de 48.365 euros, todos eles procedentes de fondos municipais.

Tal e como recordou Villares “con esta actuación damos un paso máis nese proxecto de adecuación de toda esta zona que comezamos vai uns anos, co que conseguimos converter a contorna nun  lugar atractivo para o establecemento de familias e a construción de novas vivendas; e na que pouco a pouco imos reforzando os servizos e as infraestruturas, como vimos de facer coa  execución destas novas beirarrúas”.

O rexedor engadiu que “se trata dunha actuación que consideramos moi importante porque con ela os peóns gañan en seguridade e accesibilidade, tendo en conta ademais, que é unha zona moi transitada ao estar alí o colexio, tanto polos pais, que moitas veces acoden en coche, como polo alumnado”.

A obra foi planificada con previsión de futuro, de tal xeito que xa quedan listas as canalizacións para poder soterrar no futuro o cableado do alumeado público que se instale na zona; e tamén quedaron establecidos os cimentos para futuras luminarias.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa