NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PON EN VALOR ESPAZOS PÚBLICOS NO BURGO DE VILADESUSO

 

  • Acometéronse traballos de acondicionamento no lavadoiro público e no pozo de recollida de auga, melloráronse as canalizacións, instaláronse tubaxes de drenaxe e asfaltouse a contorna

 

  • A actuación supuxo unha inversión de 20.000 euros procedentes de fondos municipais

 

O Concello de Cervo vén de acometer traballos de mellora e acondicionamento de diferentes espazos públicos do Burgo de Viladesuso.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Obras, Plácido Pérez, supervisaron a actuación que se desenvolveu na zona que vai dende a fonte ata o lavadoiro público.

En concreto, tal e como apuntou Villares, “acometéronse traballos de acondicionamento no lavadoiro público e no pozo de recollida de auga, melloráronse as canalizacións, instaláronse tubaxes de drenaxe e asfaltouse toda a contorna”.

A obra supuxo unha inversión de 20.000 euros procedentes de fondos municipais e son traballos que, tal e como sinalou o rexedor “redundan na posta en valor de espazos públicos que teñen un incalculable valor patrimonial, xa que, aínda que a día de hoxe non teñen o uso de outrora, eran lugares de encontro da veciñanza; e lle outorgan esa singularidade ás nosas aldeas”.

 

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa