NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PON EN VALOR ESPAZOS PÚBLICOS NO BURGO DE VILADESUSO

 

  • Estanse a acometer traballos de mellora na zona da fonte e o lavadoiro público cunha inversión de 12.000 euros procedentes de fondos municipais

 

O Concello de Cervo está a acometer estes días traballos de mellora e acondicionamento de diferentes espazos públicos do Burgo de Viladesuso.

En concreto as actuacións estanse a levar a cabo na zona que vai dende a fonte ata o lavadoiro público desta aldea.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Obras, Plácido Pérez, supervisaron a actuación acompañados de varios veciños da zona. Uns traballos que, tal e como sinalou o rexedor, “consideramos moi importantes porque con eles poñemos en valor uns espazos que teñen un incalculable valor patrimonial, porque, aínda que a día de hoxe non teñen o uso de outrora, recordamos que eran lugares de encontro empregados a diario pola veciñanza; e lle outorgan esa singularidade ás nosas aldeas”.

A filosofía do Goberno de Cervo, -engadiu- “vai nese camiño e de feito vimos realizando actuacións periódicas nestas zonas para mellorar en certa maneira estes espazos tan importantes nos nosos burgos e para os nosos veciños”.

A actuación supón unha inversión de 12.000 euros procedentes de fondos municipais.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa