NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO REALIZA ESTES DÍAS TRABALLOS DE MANTEMENTO E LIMPEZA PROFUNDA NA REDE DE SA

 

Son operacións que se levan a cabo como mínimo catro veces ao ano da man dunha empresa especializada e que supoñen un custo para as arcas municipais duns 12.000 euros anuais

  • Son actuacións que veñen a sumarse á supervisión diaria que desenvolven os técnicos municipais en diferentes puntos da rede “un control exhaustivo que ten un resultado moi positivo “porque as analíticas que realizamos regularmente, tanto á saída da propia depuradora, como no medio mariño, son favorables dende a posta en funcionamento da EDAR no ano 2015”

 

O Concello de Cervo realiza estes día traballos de mantemento e limpeza profunda na rede de saneamento de San Ciprián.

En concreto, estase a actuar no tanque de tormentas, ubicado no centro da vila, no parque Reina Sofía.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, xunto aos ténicos municipais, estiveron supervisando os traballos levados a cabo por unha empresa especializada e que, tal e como explicaron, consisten en “limpar en profundidade os sólidos que se foron acumulando nos colectores, que é o nudo de conexión de toda a rede de saneamento de San Ciprián; son uns traballos que repetimos como mínimo catro veces no ano e que supoñen para as arcas municipais un custe duns 12.000 euros”.

O alcalde engadiu que son actuacións que se veñen a sumar á supervisión e mantemento diario que vimos facendo dende o Concello en toda a rede de saneamento, a través dos técnicos municipais, porque a nosa aposta sempre foi dirixida cara unha xestión pública; “un control exhaustivo que desenvolvemos en diferentes puntos como a zona do porto, a praia de Cubelas, ou o tanque de tormentas; e que é un esforzo que dá un resultado que nos satisface porque as analíticas que realizamos regularmente son sempre favorables dende a posta en funcionamento desta EDAR no ano 2015”.

Villares puntualizou que son varias as analíticas mensuais que se esixen para comprobar o correcto funcionamento do sistema; e, a maiores nós contamos cun laboratorio propio totalmente autónomo dende o que os técnicos municipais realizan controis diarios e “sempre cumprimos os parámetros fixados, o que quere dicir que a calidade da auga que sae depurada, e vai cara o mar, é a óptima; así o revelan as analíticas que se realizan tanto na propia EDAR, como á saída da depuradora, e en diferentes zona do medio mariño”.

O rexedor apuntou que é “unha satisfacción ver que temos unha rede de saneamento que funciona, respectando o medio ambiente, e que queremos compartir coa veciñanza, porque son traballos e servizos soterrados, que non se ven, pero tremendamente importantes; e  temos que ter en conta ademais -engadiu- que este sistema de depuración funciona con garantías dende o ano 2015, cando se puxo en funcionamento a EDAR, xa que antes “todos os vertidos de augas residuais ían directamente ao mar, sen ningún tipo de filtro, nin tratamento; de ahí a relevancia de contar cunha rede de saneamento como a que temos e de estar constantemente pendentes da súa correcta actividade”.

Todos os residuos que se están a retirar son conducidos en colectores illados, e nun transporte especial a un centro de transformación e reciclado.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa