NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO REALIZA TRABALLOS DE SANEAMENTO E MELLORA DE ABASTECEMENTO DE AUGA EN CERV

 

  • Segundo sinalou Villares “as actuacións supoñen unha inversión de máis de 10.000 euros de fondos municipais dirixidos a mellorar os servizos dos nosos veciños”

 

O Concello de Cervo está a acometer estas semanas traballos en materia de saneamento e mellora de abastecemento de auga en varias zonas de Cervo e San Ciprián.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado do edil de Obras, Plácido Pérez, e da de medio ambiente, Manuela Méndez, supervisou esta mañá as actuacións que se están a acometer nestes intres en Cervo e que, en concreto, neste caso, “van encamiñadas a mellorar a presión da auga que reciben os veciños da Avenida de Galicia e da Avenida de Lugo, logo de que se detectara algunha deficiencia neste eido”.

Ademais, tal e como sinalou o rexedor “nestas semanas pasadas, froito das tormentas que houbo, alagáronse algunhas rúas; e, co fin de solventar eses problemas, estamos a realizar estes días obras para reforzar a rede de pluviais en zonas de Cervo e San Ciprián, para evitar esas acumulacións puntuais de auga”.

Villares apuntou que “son traballos aos que lles prestamos especial atención porque redundan na mellora da calidade dos servizos dos nosos veciños e afectan a infraestruturas que consideramos imprescindibles; por iso reservamos cada ano unha partida importante do orzamento do Concello de Cervo para este fin”.

Neste caso as actuacións que se están a acometer supoñen unha inversión de máis de 10.000 euros procedentes de fondos municipais.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa