NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO RECONVERTE O ANTIGO DEPÓSITO DE AUGA DE RÍO COBO NUNHA NAVE DE ALMACENAXE “

Abríronse dous portalóns de gran tamaño co que se conseguiu un espazo moi operativo e práctico, de 450 m2, para gardar todo tipo de material

 

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Obras, Plácido Pérez, desprazáronse este mediodía ata Río Cobo, para supervisar os traballos que se están a levar a cabo no antigo depósito de auga que abastecía anos atrás aos núcleos de Río Cobo e San Ciprián, en desuso trala  construción da nova Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP), ubicada na Senra.

Tal e como explicou Villares, o que estamos a facer é reconverter esta infraestrutura nunha nave de almacenaxe “buscando a máxima eficiencia na utilización das infraestruturas municipais”.

Con este novo espazo de almacenaxe, de 15 metros de ancho e 30 de longo, melloraremos ostensiblemente a loxística do departamento de obras do Concello “pola ubicación estratéxica desta edificación”.

O alcalde apuntou que estamos a apostar polo concepto de “rehabilitación e rexeneración urbana co aproveitamento de infraestruturas como esta, que nos permiten ao tempo aforrar o custo que suporía a construción dunha nova nave, tan necesaria”.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa