NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO REMATOU OS TRABALLOS DE ACONDICIONAMENTO DA ANTIGA NAVE DE FUNDICIÓN DE SA

 

  • A Xunta de Galicia aportou 70.000 euros ao proxecto
  • Villares afirma “que esta actuación é un complemento ao futuro Centro de Artesanía, para o que xa está en información pública o prego de licitación”

O Concello de Cervo xa rematou os traballos de acondicionamento do edificio da antiga nave de fundición de Sargadelos, ubicado no Conxunto Histórico Artístico e que era utilizado como almacén municipal.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Patrimonio, Alfredo Fernández, estiveron supervisando a actuación que contou cun orzamento de 118.215 euros, dos cales 70.000 proveñen dunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia, e os restantes corresponden a fondos municipais.

Tal e como explicou o rexedor “esta nova actuación é un complemento ao futuro Centro de Artesanía que imos ubicar no antigo edificio das Cabalerizas, que acondicionamos en meses pasados, e para o que xa temos os trámites moi avanzados xa que o prego de licitación xa está en información pública, no BOP, dende o pasado 5 de decembro, polo que os artesán teñen un prazo de 30 días hábiles, contados a partir desa data, para presentar toda a documentación requirida e entrar no proceso de adxudicación dos 6 locais habilitados para uso artesanal”.

Villares engadiu que coa adecuación desta instalación como espazo de emprendemento comercial “seguimos a traballar para revitalizar o Conxunto Histórico Artístico, o noso Patrimonio de Sargadelos”.

Trátase dunha construcción de finais do século XVIII dunha soa planta, cunha superficie de 356 m2, que, tal e como destacou o alcalde “quixemos poñer en valor como edificio representativo que é de Sargadelos; moi versátil en canto ao seu uso, ao que lle vemos un gran potencial para albergar actividades de diversa índole, ben promovidas polo propio Concello, os artesáns; ou por distintos colectivos do municipio, co obxectivo último de dinamizar todo o Conxunto Histórico, e contribuír a desestacionalizar tamén o turismo”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa