NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO RENOVA A REDE DE ABASTECEMENTO DE AGUA NA URBANIZACIÓN DE RÍO COBO

A actuación conta cun investimento de preto de 200.000 euros froito dun convenio de colaboración coa  Consellería de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia

  • Villares sinalou que se trata dunha obra de gran importancia coa que “garantimos unha presión óptima en todas as vivendas da zona e que permitirá que ningunha quede desabastecida en caso dunha eventual fuga”

O Concello de Cervo traballa estes días, en colaboración con Augas de Galicia, na renovación e mellora da rede de abastecemento de auga da urbanización de Río Cobo.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, estiveron supervisando esta tarde a actuación, que conta cun investimento de preto de 200.000 euros, froito dun convenio asinado coa Consellería de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia.

O rexedor apuntou que se trata dunha “obra importantísima pola que levamos tempo agardando, pero os trámites legais precisos dilataron máis do esperado o tempo de xestión”.

Villares explicou os detalles técnicos da actuación, consistente na “instalación dunha nova rede de canalización de auga, que ata o de agora contaba cunha estrutura de formigón que dificultaba moito a localización de calquera fuga que se puidese producir”.

Ademais, as canalizacións vanse colocar en aneis pechados, o que garante que ante calquera rotura, ningunha vivenda quede desabastecida de auga; ao tempo que tamén se incide no aspecto sanitario, porque a circulación da auga será continua, garantindo que esta estea sempre en óptimas condicións, evitando estancamentos na rede.

Ademais –engadiu o rexedor- imos aproveitar para instalar bocas de rego para facilitar a actuación dos servizos de emerxencia ante calquera circunstacia que se poida producir.

Villares apuntou, así mesmo, que esta actuación vai na liña que vimos marcando desde este equipo de Goberno “apostando polo investimento nesas infraestruturas que non se ven, pero que contribúen a mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa