NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO RENOVA A ZONA DE XOGOS DA URBANIZACIÓN VÍA LÁCTEA, EN RÍO COBO

A actuación, consistente na instalación de pavimento de caucho e de novas pezas de xogo, supón unha inversión que supera os 18:000 euros

 

O Concello de Cervo está acometer unha actuación na zona de xogos de Río Cobo, en concreto na Urbanización Vía Láctea, que supón unha inversión que supera os 18.000 euros, todos eles procedentes de fondos municipais.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Obras, Plácido Pérez, e o pedáneo da zona Antonio Gallego, acompañados de veciños da urbanización, estiveron supervisando a actuación que, tal e como sinou o rexedor “consiste fundamentalmente na remodelación da zona infantil existente, instalando pavimento de caucho e novas pezas de xogo; ademais de mellorar a iluminación da zona”.

Deste xeito –engadiu Villares- “preparamos e melloramos este espazo público nunha zona na que hai gran concentración de nenos e nenas, que diporán así dunha zona de esparexemento máis confortable para o tempo de lecer, ademais de novas estruturas e xogos didácticos que estimulan o seu desenvolvemento piscomotor, e contribúen a fomentar as relacións entre o propios nenos”.

A previsión é que a actuación estea rematada a vindeira semana e posta a disposión dos veciños para o seu uso e desfrute.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa