NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO INVESTIRÁ PRETO DE 300.000 EUROS NA MELLORA DA PRAZA DO SOUTO E DA RÚA DA ALDEA EN C

A actuación acometerase con fondos municipais do superávit do ano anterior

  • Renovarase o pavimento, soterraranse as redes de alumeado público, de telefonía e de suministro eléctrico; mellorarase a rede de saneamento - separando a recollida de augas fecais e pluviais-, crearanse espazos diferenciados para os peóns e o tráfico rodado e instalarase mobiliario urbano co obxectivo de “mellorar, embelecer e facer máis confortable unha zona con moito encanto, situada no centro neurálxico da capital municipal”

O alcalde de  Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Obras, Plácido Pérez, desprazáronse esta mañá ata o centro de Cervo, para ver in situ o proxecto de mellora que se vai levar a cabo proximamente na Praza do Souto e nun tramo da Rúa da Aldea.

O rexedor apuntou que se van mobilizar 289.250 euros de fondos municipais froito do remanente de tesourería do ano anterior, destinados a executar unha obra calificada como financieiramente sustentable; e que ten como obxectivo “mellorar, embelecer e facer máis confortable esta zona do centro neurálxico de Cervo, tan frecuentada polos veciños deste núcleo, que de por si ten moitísimo encanto; que se verá reforzado con esta nova actuación necesaria para fixar e asegurar a superficie deteriorada”.

Villares desagregou polo miúdo o proxecto que consistirá na renovación do pavimento, creando no caso da Rúa da Aldea espazos diferenciados para os peóns e o tráfico rodado; renovarase a rede de sumidoiros, independizando a recollida de augas residuais e pluviais. Ademais, tamén se renovará a rede de abastecemento de auga, e melloraranse as redes de alumeado público, de telefonía, e de suministro eléctrico, substituíndo o tendido aéreo en superficie por unha canalización soterrada, eliminando así o impacto visual do cableado. Tamén se instalará, así mesmo, novo mobiliario urbano e incidirase no concepto da accesibilidade coa eliminación das barreiras arquitectónicas.

O alcalde comentou que nestes intres estamos levando adiante todos eses trámites administrativos necesarios para poder acometer a obra “que, en todo caso, ao igual que as obras da Concepción Arenal de San Ciprián que anunciamos en días pasados, estará rematada neste ano 2018”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa