NOVAS NOVAS
« Atrás

OS TRABALLOS DE ACONDICIONAMENTO DO CAMIÑO DO CAMPÓN-ABELLEIRIÑA EN RÚA CONTARON CUN ORZAMENTO

A actuación contou cunha subvención da Xunta de Galicia, de fondos AGADER, de algo máis de 40.000 euros

  • Villares destacou que estes traballos foron froito das conversas previas que mantivemos cos veciños afectados, e que cederon unha pequena parte das súa propiedade para poder facer un vial público en condicións,  en beneficio de todos”

 

O alcalde de Cervo, Alfonso  Villares e o edil de Obras, Plácido Pérez, desprazáronse ata a parroquia de Rúa, onde, acompañados polo alcalde pedáneo da parroquia, Ramón Alemparte, supervisaron os traballos de acondicionamento que se acometeron nunha pista rural coñecida como Camiño do Campón-Abelleiriña.

A actuación contou cun orzamento de 52.877 euros, dos cales 42.000 foron aportados pola Consellería de Medio Rural, da Xunta de Galicia, a través de AGADER; e os restantes proceden de fondos municipais.

Villares destacou que esta obra é froito dun importante traballo previo baseado nas conversas cos veciños afectados, que cederon e facilitaron a ampliación deste vial público, conseguindo unha pista forestal en condicións, co ancho suficiente para o transito de vehículos forestais, e que permite que se podan cruzar dous vehículos sen limitacións.

O rexedor sinalou que se trata dun vial moi transitado polo sector da madeira, e que dá saída a moitas pistas da zona.

Tal e como apuntou existían tramos de gran pendente, que asfaltamos, para garantir a súa perdurabilidade no tempo; evitando que o firme sufra danos polas inclemencias meteorolóxicas e para facilitar así tamén o tránsito dos vehículos pesados. Ademais tamén se abriron cunetas, para mellorar a drenaxe da estrada e habilitouse unha zona de acopio de madeira na pista.

 Villares apuntou que esta obra debe ser o espello de outras moitas que iremos desenvolvendo en pistas do noso rural; e recordou que é fundamental que todos cedamos, para conseguir accesos de calidade, para vertebrar as nosas aldeas, e dar saída á madeira, da que se benefician tamén os propietarios das fincas colindantes a estes viais.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa