NOVAS NOVAS
« Atrás

OS TRABALLOS DE ACONDICIONAMENTO DO CAMIÑO SOUTO DO REGO EN SAN ROMÁN CONTARON CUN ORZAMENTO DE

 

 

  • A actuación enmárcase no Plan de Melloras de camiños municipais da Xunta de Galicia

 

O alcalde de Cervo, Alfonso  Villares e o edil de Obras, Plácido Pérez, desprazáronse ata a parroquia de San Román, onde, acompañados polo alcalde pedáneo da parroquia, Antonio Vila, e pola representante da Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, Raquel Ferreira, supervisaron os traballos de acondicionamento e asfaltado que se acometeron nunha pista rural en San Róman coñecida como Camiño Souto do Rego.

Foi unha actuación consensuada entre a propia Asociación e o Concello, que se enmarca dentro do Plan de mellora de camiños municipais da Xunta de Galicia.

As obras, que contan cun orzamento de 12.000 euros, consistiron na limpeza de cunetas e canos, e na mellora do firme; que era de zahorra artificial que dificultaba o paso nas épocas de chuvias e que se atopaba nun estado deteriorado, a causa do paso tempo e as inclemencias meteorolóxicas.  

O rexedor apuntou que estes traballos van na liña que vimos trazando dende o Concello “para dotar ao noso rural dos maiores servizos posibles, contribuíndo tamén así a vertebrar as nosas parroquias”.

Traballos que se veñen a sumar aos acometidos recentemente noutras pistas na mesma parroquia de San Román e tamén en Rúa, e que suman unha inversión total de 36.000 euros, procedentes da Administración Autonómica.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa