NOVAS NOVAS
« Atrás

VILLARES AGRADECE Á XUNTA DE GALICIA A AXUDA CONCEDIDA DE 500.000 EUROS QUE “DESTINAREMOS A HUM

O alcalde e o edil de Obras estiveron visitando a zona acompañados polo delegado territorial

O alcalde, Alfonso Villares, agradece á Xunta de Galicia a axuda que vén de conceder ao Concello de Cervo por un importe de 499.550 euros “que destinaremos a humanizar o núcleo Aldea de Cervo, entre as Rúas Calabadexo e Xosé Álvarez”. A superficie do ámbito de actuación é de 1.782,33 m2.

O rexedor, que visitou a zona acompañado do delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, destacou a importancia de conseguir este financiamento “co que poderemos materializar un proxecto ambicioso pensado para embelecer unha zona xa de por si con tanto encanto da capitalidade municipal”.

Villares concretou que os traballos que se van acometer contemplan a mellora do pavimento das rúa, eliminando barreiras arquitectónicas e renovando a rede de saneamento, independizando a recollida de augas fecais e pluviais; e a rede de abastecemento de auga.

Ademais, tamén se renovará a rede de alumeado público, substituíndo o tendido en superficie por unha canalización soterrada, e a rede de telefonía “co que reducimos o impacto visual, contribuíndo así tamén á humanización de toda esta contorna”.

Villares destacou que esta obra segue a mesma liña que outros proxectos que vimos presentando en meses pasados “todas as actuacións que plantexamos foron concibidas baixo tres premisas: a mellora da accesibilidade coa eliminación das barreiras arquitectónicas, a humanización da zona na que se actúa e a aposta polo saneamento, independizando as canles de recollida de fecais e pluviais”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa