Publicador personalizado
« Atrás

22/03/2016. Hoxe presentouse o cartel da festa do Mexillón que se celebrará este sábado en San Ciprián. No acto participaron o alcalde e a concelleira de turismo

A tradicional Festa do Mexillón, de San Ciprián, celebrarase este sábado, día 26, en San Ciprián. Hoxe presentouse o cartel deste evento gastronómico, acto no que estiveron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares; a concelleira de Turismo, Manuela Méndez; e Georgina Pérez, en representación do bar Maruxaina, que é un dos establecementos hostaleiros que participarán no festexo.

Bares e restaurantes de San Ciprián ofrecerán racións e tapas de mexillóns elaboradas en diferentes preparacións durante o Sábado Santo, que é o día no que se celebra cada ano este evento gastronómico que ten como principais obxectivos exaltar o mexillón e ofrecer un atractivo máis para os veciños desta zona e para os turistas que a visitan durante a Semana Santa

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa