ESTE SÁBADO, 10 DE NOVEMBRO, A CASA DO MAR DE SAN CIPRIÁN ACOLLERÁ UN OBRADOIRO DE FORMACIÓN EN COCIÑADO DE PEIXES E MARISCOS
A actividade, que é de balde, está organizada polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal (GALP A Mariña-Ortegal), coa colaboración do Concello de Cervo
Será en horario de 16:30 a 21:00 horas
As prazas son limitadas. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse no teléfono 615.52.13.90
O obxectivo é o de dar a coñecer as posibilidades gastronómicas que os produtos pesqueiros e marisqueiros do noso territorio atesouran.
Os Obradoiro será impartido por Miguel Mosteiro, cociñeiro especializado na gastronomía galega e a cociña de territorio.
Entre outros contidos, mostraranse técnicas de limpeza, desespiñado ou mesmo fileteado de peixes, e
elaboraranse varias receitas empregando produto pesqueiro da Mariña e do Ortegal como base, acompañado doutros produtos autóctonos.