
Grao | Altura das ondas (m) | Descrición | Estado do mar |
---|---|---|---|
0 | Sen ondas | Mar en calma | A superficie do mar está lisa coma un espello. |
1 | 0 a 0,10 | Mar rizada | O mar comienza a rizarse por partes |
2 | 0,10 a 0,5 | Mareira | Fórmanse ondas curtas pero ben marcadas; comezan a romper as crestas formando unha escuma que non é branca senón de aspecto vidroso. |
3 | 0,5 a 1,25 | Marusía | Fórmanse ondas longas con crestas de escuma branca ben caracterizadas. O vento mariño está ben definido e distínguese de forma doada do mar de fondo que pudiese existir. Ao romper, as ondas producen un murmullo que esvaece rapidamente. |
4 | 1,25 a 2,5 | Fuerte marejada | Fórmanse ondas máis longas, con crestas de escuma por todas partes. O mar rompe cun murmurio constante. |
5 | 2,5 a 4 | Grosa | Comenzan a formarse ondas altas; as zonas de escuma branca cobren unha grande superficie. Ao romper, o mar produce un ruído sordo como de botar cousas. |
6 | 4 a 6 | Moi grosa | O mar alborota. A escuma branca que se forma ao romper as crestas comenza a dispoñerse en bandas na dirección do vento. |
7 | 6 a 9 | Arbolada | Aumentan notablemente a altura e a lonxitude das ondas e das súas crestas. A escuma disponese en bandas estreitas na dirección do vento. |
8 | 9 a 14 | Montañosa | Vense ondas altas con longas crestas que caen como cascadas; as grandes superficies cubertas de escuma dispóñense rapidamente en bandas brancas na dirección do vento, o mar ao redor delas adquire un aspecto branquecino. |
9 | Más de 14 | Enorme | As ondas fanse tan altas que ás veces os barcos desaparecen da vista. O mar está cuberto de escuma branca disposta en bandas na dirección do vento e o ruído que se produce é forte e ensordecedor. O aire está tan cheo de salpicaduras, que a visibilidade dos obxectos distantes faise imposible. |