... ...


Atención primaria
Os servizos sociais de atención primaria son aqueles que realizan unha acción social globalizadora e polivalente, dirixidos ao conxunto da poboación do Concello de Cervo e que teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de toda a cidadanía, regulados segundo o Decreto 240/1995, do 28 de xullo, polo que se regulan os servizos sociais de Atención Primaria
Maiores
O Programa ten como finalidade garantir elevados mínimos de calidade de vida ás persoas maiores do municipio de Cervo, promovendo entre elas a igualdade no acceso aos recursos e medidas de política social e atendendo e previndo as súas necesidades  e problemas sociais.

Dependencia
A protección das persoas en situación de dependencia, un colectivo de poboación cada vez máis importante por mor dos cambios demográficos e sociais, converteuse nun reto ineludible para o nosos municipio, e o desenvolvemento de políticas para a promoción da autonomía persoal converteuse nunha das prioridades en materia de política social para o Concello de Cervo.

Discapacidade
O Programa ten como finalidade garantir elevados mínimos de calidade de vida ás persoas con discapacidade do municipio de Cervo, promovendo entre elas a igualdade no acceso aos recursos e medidas de política social e atendendo e previndo as súas necesidades e problemas sociais.

Drogodependencias
O propósito dete programa é que calquera persoa ou colectivo social do municipio poida contar coa axuda dun profesional que lle oriente, derive ou asesore especificamente acerca de todo o relacionado co fenómeno das drogopendencias.

Migracións
Aliquam accumsan lorem quis velit molestie vitae vulputate mi facilisis. Pellentesque habitant morbi tristique senectus et netus et malesuada fames ac turpis egestas. Proin et rhoncus dui. Ut eget nunc ac orci vulputate sagittis eu nec felis. Suspendisse eget nibh ut odio pulvinar vulputate eget sed magna. Suspendisse id metus elit, vitae viverra nunc. Aliquam gravida vehicula dapibus. Pellentesque feugiat augue eget erat sollicitudin vel gravida nulla vestibulum. In elit purus, aliquam consectetur sollicitudin vitae, tempor sed nisi.

Familia e infancia
O Programa ten como finalidade garantir un mínimo de calidade de vida á infancia, adolescencia e mocidade do municipio de Cervo, promovendo a igualdade no acceso aos recursos e medidas de política social e atendendo e previndo as necesidades e problemas sociais destes colectivos.

Mulleres
O Programa ten por finalidade o desenvolvemento de actuacións co obxectivo de promover e favorecer a igualdade de oportunidades das mulleres no acceso aos recursos e medidas de política social. Para lograr o obxectivo sinalado articuláronse diversas accións dirixidas a favorecer que as mulleres que presentan dificultades para a plena incorporación social no municipio reciban o apoio e atención necesarios en función da súa situación.

Inclusión Social
O Banco Mundial define a inclusión social como "o proceso que garante que as persoas en risco de caer na pobreza e a exclusión social dispoñan das oportunidades e os recursos necesarios para participar plenamente na vida económica, social e cultural e para gozar dun nivel  de vida e benestar considerado normal na sociedade na que viven". 

Programas do Departamento Municipal
Conxunto de actividades, prestacións e equipamentos que teñen por obxecto a prevención, tratamento ou eliminación (no seu caso) das causas que impiden ou dificultan o pleno desenvolvemento dos individuos ou dos grupos no seu ámbito comunitario.
Programas de información, orientación e asesoramento
É a entrada fundamental dos servizos sociais, onde se reciben as demandas persoais, familiares e de colectivos. A través deste programa, os cidadáns  e grupos do concello reciben  unha axeitada información e asesoramento sobre os seus dereitos e os recursos sociais aos que poden acceder no seu marco territorial ou extraterritorial, ao mesmo tempo que reciben apoio técnico en canto á solución das situacións que se presenten.

Programa de axuda no fogar
O servizo de axuda no fogar busca prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomia persoal ou nos casos de desestructuración familiar.

Programa de emerxencia social
O Programa de Emerxencia Social pretende dar resposta ás necesidades básicas para a supervivencia persoal e de mantemento da convivencia, así como paliar as situacións de necesidade que levarían aos individuos á marxinación social.
Programa de apoio a colectivos con necesidades específicas
Este programa engloba diferentes actividades que busca un obxectivo común, como é ocupar o tempo de lecer dunha forma eficiente, na que se involucren valores de participación e integración social. Está dirixido ao colectivo de persoas maiores do Concello de Cervo, proporcionándolles a posibilidade de compartir experiencias e adquirir novos coñecementos, fomentando así as relacións interpersoais.
Programa de animación comunitaria
Este programa de animación comunitaria está dirixido a toda a poboación do Concello de Cervo e consta de diferentes actividades que teñen a finalidade de mellorar o benestar social da poboación en xeral. Os obradoiros e actividades deste programa inclúen actuacións que se basean en carencias socioculturais da poboación, ocupando así o seu tempo de lecer de forma eficiente no que se inculquen valores de participación e integración social.

Novas
Entra aquí e coñece a actualidade dos Servizos Sociais do noso concello, consulta as actividades, eventos,novas, programacións e ofertas en Servicios Sociais deseñadas para todos vos.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa