ÚLTIMAS NOVAS DA ÁREA DE ATENCIÓN PRIMARIA

OS USUARIOS DA ASOCIACIÓN DE AXUDA AO ENFERMO MENTAL COLABORAN CO ENCONTRO DE PALILLEIRAS ELABORANDO CHAVEIROS ARTESANAIS

  Cada participante recibirá unha peza como recordo do evento Unhas 600 artesás amosarán o seu arte no Pavillón da Veiga durante toda a xornada O...

O CONCELLO DE CERVO CELEBRARÁ O XXXV DÍA DO XUBILADO O 1 DE MAIO

Os veciños e veciñas teñen ata o 20 de abril para anotarse na Casa do Concello, en Cervo, ou na Casa da Cultura, en San Ciprián Ese mesmo día entregaranse os trofeos...

Atención Primaria Atención Primaria

Os servizos sociais de atención primaria son aqueles que realizan unha acción social globalizadora e polivalente, dirixidos ao conxunto da poboación do Concello de Cervo e que teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de toda a cidadanía, regulados segundo o Decreto 240/1995, do 28 de xullo, polo que se regulan os servizos sociais de Atención Primaria.

Constitúen o nivel básico e máis próximo ao usuario, e son a canle normal de acceso ao sistema de servizos sociais, dende o que se derivarán os casos, logo de prescrición técnica, aos servizos sociais de atención especializada cando así o requira a complexidade ou especificidade da situación.

Os programas básicos de actuación que se desenvolven no nivel de actuación correspondente aos servizos sociais comunitarios, e que veñen a recoller as prestacións básicas do Plan Concertado ao abeiro do Decreto 240/1995 do 28 de xullo, son:

Programa de orientación, asesoramento e información

Responde á necesidade de información co fin de acceder e utilizar os recursos sociais e previr as desigualdades. Diríxese a individuos, grupos e institucións ofrecendo asesoramento especializado sobre os dereitos que puidesen corresponderlles e os recursos sociais existentes así como tamén a súa canalización, cando sexa necesario, a outros servizos ou recursos.
Programa de axuda no fogar
O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.
Programa de inserción social
Este programa ten por obxecto a prevención das situacións de marxinación e as súas causas e a integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos, afectados polas diferentes formas de exclusión e marxinación social.
Programa de animación, prevención e cooperación social
Este programa ten por obxecto facilitar a participación dos veciños do Concello de Cervo en tarefas colectivas tendentes a que sexa a propia comunidade a que asuma as problemáticas e busque canles de solución, fomentando a iniciativa social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado.
Ligazóns de páxinas web de interese

Consellería de Traballo e Benestar http://traballoebenestar.xunta.es

Portal de Benestar da Xunta de Galicia http://benestar.xunta.es/web/portal/portada

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar http://www.igualdadebenestar.org/

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa