ÚLTIMAS NOVAS DA ÁREA DE ATENCIÓN PRIMARIA
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DO CAMPIONATO DE TUTE E PARCHÍS CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

As interesadas en participar poden anotarse ata o mércores, 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou no teléfono 982.59.51.57

  • As partidas xogaranse durante o mes de febreiro na cafetería da Casa do Mar, e os trofeos estregaranse o 8 de Marzo, na Cea do Día da Muller

 

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.

Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse xa está aberto; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o xoves, 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”.

As competicións comezarán o 4 de febreiro na cafetería da Casa do Mar e prolongarase durante todo ese mes.

Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, o 8 de marzo.

 

Atención Primaria Atención Primaria

Os servizos sociais de atención primaria son aqueles que realizan unha acción social globalizadora e polivalente, dirixidos ao conxunto da poboación do Concello de Cervo e que teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de toda a cidadanía, regulados segundo o Decreto 240/1995, do 28 de xullo, polo que se regulan os servizos sociais de Atención Primaria.

Constitúen o nivel básico e máis próximo ao usuario, e son a canle normal de acceso ao sistema de servizos sociais, dende o que se derivarán os casos, logo de prescrición técnica, aos servizos sociais de atención especializada cando así o requira a complexidade ou especificidade da situación.

Os programas básicos de actuación que se desenvolven no nivel de actuación correspondente aos servizos sociais comunitarios, e que veñen a recoller as prestacións básicas do Plan Concertado ao abeiro do Decreto 240/1995 do 28 de xullo, son:

Programa de orientación, asesoramento e información

Responde á necesidade de información co fin de acceder e utilizar os recursos sociais e previr as desigualdades. Diríxese a individuos, grupos e institucións ofrecendo asesoramento especializado sobre os dereitos que puidesen corresponderlles e os recursos sociais existentes así como tamén a súa canalización, cando sexa necesario, a outros servizos ou recursos.
Programa de axuda no fogar
O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.
Programa de inserción social
Este programa ten por obxecto a prevención das situacións de marxinación e as súas causas e a integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos, afectados polas diferentes formas de exclusión e marxinación social.
Programa de animación, prevención e cooperación social
Este programa ten por obxecto facilitar a participación dos veciños do Concello de Cervo en tarefas colectivas tendentes a que sexa a propia comunidade a que asuma as problemáticas e busque canles de solución, fomentando a iniciativa social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado.
Ligazóns de páxinas web de interese

Consellería de Traballo e Benestar http://traballoebenestar.xunta.es

Portal de Benestar da Xunta de Galicia http://benestar.xunta.es/web/portal/portada

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar http://www.igualdadebenestar.org/

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa