ÚLTIMAS NOVAS DA ÁREA DE ATENCIÓN PRIMARIA
« Atrás

PRETO DE 600 PERSOAS ASISTIRÁN AO XXXVI DÍA DO XUBILADO DO CONCELLO DE CERVO O VINDEIRO 1 DE MAIO

Ás 11:30 horas está prevista a saída dos autobuses que pasarán polas distintas parroquias e aldeas para recoller aos/ás asistentes; ás 12:00 horas está prevista a celebración da misa no Pavillón da Veiga, seguida de sesión vermú e do xantar na carpa instalada na Praza dos Campos; a continuación haberá baile coa orquestra Lume

Ese mesmo día entregaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes días na Casa do Mar

Preto de 600 persoas asistirán á XXXVI edición do Día do Xubilado que celebrará o Concello de Cervo o vindeiro mércores, 1 de maio, tal e como precisou o rexedor cervense, Alfonso Villares.

Ás 11:30 horas está prevista a saída dos autobuses que percorrerán as diferentes parroquias e aldeas co seguinte percorrido:

Autobús 1: Rúa – San Román – Sargadelos – Cervo

Autobús 2: Trasbar – Castelo – A Senra – A Venta – Gondrás

Autobús 3: Figueirido – Cuíña – Espiñeirido – Viladesuso – Río Cobo

Ás 12:00 horas está prevista a celebración da misa no Pavillón da Veiga, seguida de sesión vermú e de xantar na carpa instalada na Praza dos Campos; a continuación haberá baile coa orquestra Lume.

Ese mesmo día entregaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes días na Casa do Mar de San Ciprián, no que participan unha vintena de parellas (12 xogan ao tute e 11 ao parchís).

 

 

 

Atención Primaria Atención Primaria

Os servizos sociais de atención primaria son aqueles que realizan unha acción social globalizadora e polivalente, dirixidos ao conxunto da poboación do Concello de Cervo e que teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de toda a cidadanía, regulados segundo o Decreto 240/1995, do 28 de xullo, polo que se regulan os servizos sociais de Atención Primaria.

Constitúen o nivel básico e máis próximo ao usuario, e son a canle normal de acceso ao sistema de servizos sociais, dende o que se derivarán os casos, logo de prescrición técnica, aos servizos sociais de atención especializada cando así o requira a complexidade ou especificidade da situación.

Os programas básicos de actuación que se desenvolven no nivel de actuación correspondente aos servizos sociais comunitarios, e que veñen a recoller as prestacións básicas do Plan Concertado ao abeiro do Decreto 240/1995 do 28 de xullo, son:

Programa de orientación, asesoramento e información

Responde á necesidade de información co fin de acceder e utilizar os recursos sociais e previr as desigualdades. Diríxese a individuos, grupos e institucións ofrecendo asesoramento especializado sobre os dereitos que puidesen corresponderlles e os recursos sociais existentes así como tamén a súa canalización, cando sexa necesario, a outros servizos ou recursos.
Programa de axuda no fogar
O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.
Programa de inserción social
Este programa ten por obxecto a prevención das situacións de marxinación e as súas causas e a integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos, afectados polas diferentes formas de exclusión e marxinación social.
Programa de animación, prevención e cooperación social
Este programa ten por obxecto facilitar a participación dos veciños do Concello de Cervo en tarefas colectivas tendentes a que sexa a propia comunidade a que asuma as problemáticas e busque canles de solución, fomentando a iniciativa social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado.
Ligazóns de páxinas web de interese

Consellería de Traballo e Benestar http://traballoebenestar.xunta.es

Portal de Benestar da Xunta de Galicia http://benestar.xunta.es/web/portal/portada

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar http://www.igualdadebenestar.org/

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa